Beatriz Trillo

La Voz

FIRMAS

27 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Sempre antes de durmir.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Aconséllome cos amigos, e remexo entre as últimas novidades en librerías e bibliotecas.

3. Que lle achega a lectura? Coa lectura síntome viva. Podo coñecer e identificarme con personaxes que me van levar a lugares coñecidos ou non.

4. Os seus libros favoritos. Aire negro, de Agustín Fernández Paz; A casa dos espíritos, de Isabel Allende, e As bruxas, de Roald Dalh.

5. Un xénero literario. A novela.

6. Un personaxe e un espazo literario. Ayla, a protagonista de O clan do oso cavernario, de Jean M. Auel. Unha nena cromañón recollida por un grupo de neandertais.

7. Que está a ler agora? A praia dos afogados, de Domingo Villar, e Esclava, de Mende Nazer e Damien Lewis.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Agustín Fernández Paz e Gianni Rodari.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Pasar o rato cos amigos, pasear, escoitar música, ir ao cine...

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Sen dubidalo a praia do Vilar.