Un total de 13 bibliotecas da Costa da Morte foron incluídas entre os 174 centros de toda Galicia que participarán na próxima edición do programa de dinamización da lectura Ler contra moito, que promove a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitario.
Segundo explicaron onte desde este departamento autonómico, cada uno destas bibliotecas poderá recibir achegas económicas por importe de entre 258 e 850 euros para financiar o 75 % do custo desas actividades promocionais.
Máis de 10.000 euros
No caso da comarca, as beneficiarias son as bibliotecas María Baña de Cabana (que recibirá 547 para desenvolver 3 actividades), de Camariñas (840 para 6), Carballo (850 para 3), Francisco Mayán de Cee (750 para 2), A Silva (750 para 3), Cerceda (817,5 para 3), Corcubión (742,5 para 2), A Laracha (825 para 3), Malpica (850 para 4), Ponteceso (772,5 para 3), Vimianzo (843,75 para 4) e Zas (780 para 3), ademais da axencia de lectura de Baio (720 para 3). En total, 10.088 euros para 42 actividades.
Na pasada edición participaron 155 centros, que desenvolveron 606 actividades, entre as que figuraban obradoiros, propostas de narración oral, proxeccións audiovisuais, música, teatro, danza e exposicións e nas que participaron 12.120 persoas.