O cómico estará o domingo en Vimianzo co espectáculo «Dous son parella... e o demais son calumnias»
21 feb 2013 . Actualizado a las 07:00 h.Tras a ración de reflexión e crítica social da semana pasada, a programación cultural de Vimianzo regresará este domingo (Casa da Cultura, 20.00 horas) ao eido da comedia con Dous son parella... e o demais son calumnias. O cómico Xosé Manuel
-¿Que tal é esa parella da que fala o título?
-Xa traballaramos xuntos na televisión en varias cousas e desde aquela empezamos co tema dos monólogos. Fixemos unha xira con outro espectáculo e agora estamos con este Dous son parella. Temos un moi bo rollo.
-¿Como está sendo a acollida do espectáculo?
-Pois moi moi boa. Hai un pouquiño estivemos en A Laracha e non nós colleu a xente, foi impresionante. Ademais, é un público que nos quere así que todo moi ben.
-¿A que se debe este auxe actual do formato dos monólogos?
-A que é un xeito diferente de chegar ao público, de chamar a súa atención. Ademais nos casos dos actores de televisión queren verche de cerca, ver se cambias, conocerche en persoa, falar contigo... É algo moito máis cercano.
-¿Que é o que máis lle gusta á xente do seu xeito de facer humor?
-Eu creo que a cercanía e o natural que me vén. Ademais eu fago algo diferente a todo o que levan visto porque é un monólogo que é real, son as miñas experiencias coa miña nai, coa miña tío, cos meus amigos... Eu teño un monólogo que a xente que o está vendo di ?e pode ser certo porque a min pasoume algo parecido? e iso é algo que gusta moito.
-¿E no seu círculo non temen xa o que vaia contar?
-Non, porque saben que o conto con cariño e humildade.
-¿Canto hai de improvisación e canto de guión neste espectáculo?
-É todo improvisación. Eu cando saio al escenario non sei o que vou dicir, vou ao que xurda. O que si levamos mallado é a música, o resto é improvisado. Ás veces Patricia dime ?eu vou contar isto, isto e isto, ¿e ti?¡. E eu dígollo, o que me acorde [risas], porque contando algo acórdache outra anécdota ou o público diche algo ou ves algo e vas avanzando.
JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ PUENTE «ISI» HUMORISTA