«A ría é a área mariña máis contaminada da península»

Andrés Vellón Graña
Andrés Vellón FERROL / LA VOZ

FIRMAS

CÉSAR TOIMIL

Sinala que a visita dos eurodiputados «foi como unha excursión»

17 feb 2013 . Actualizado a las 11:42 h.

Victoriano Urgorri (Ferrol, 1951), é catedrático de Zooloxía Mariña e director da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña. Profundo coñocedor dos problemas da ría de Ferrol, ofrece a súa opinión sobre a situación. Mostrase moi excéptico sobre as consecuencias que pode acarrear a recente visita dun grupo de eurodiputados para valorar o estado das augas.

-¿Como valora a recente visita dos eurodiputados?

-A visita é como se fose unha excursión. Veñen eurodiputados a valorar algo nunhas horas que, ademais, non poden valorar por si mesmos. É un proceso máis complexo. E, ademais, polo que escoitei, ás veces parecía que non sabían moi ben de que estaban falando. Dame a impresión de que non tiñan a formación suficiente para valorar o estado da ría nunhas horas... Outra cousa é que viñesen a analizar, por exemplo, o estado das infraestructuras para o saneamento.

-¿Pero pode supor un punto de inflexión esa visita?

-A ría non vai mellorar por iso. E enfádame que outros levemos dende hai anos, decenios, alertando da situación e incluso nos tildaban de alarmistas. E as cousas están moi politizadas. Parece que Reganosa está sempre no punto de mira cando é a empresa que menos contamina da ría.

-¿Cales son as causas de que a ría chegase a esta situación?

-Hai moitos factores. Foi algo progresivo. O incremento das poboacións, que as canalizacións dos residuos se fixesen cara ao mar. Ademais, por por outros exemplos, nos últimos anos fixéronse importantes obras civís, como o muelle carboeiro e o muelle exterior. Todo iso incideu dun xeito moi negativo.

-¿Como está hoxe a ría?

-Posiblemente hoxe a ría é a área mariña máis contaminada da península. Hai mapas que recollen esa información. Pode haber outras zonas que, nun determinado tipo de contaminación, teñan máis carga que a de Ferrol, pero dende un punto de vista global é a máis castigada.

victoriano urgorri catedrático de zooloxía mariña e director da estación de a graña

«Hai quenes levamos anos alertando e nos tildaban de alarmistas»