Manuel Outomuro amosa a súa imaxe máis solidaria

O prestixioso fotógrafo ourensán expón na Casa América, de Madrid,un traballo a prol do proxecto «Ojos en Bolivia»


ourense / la voz

O prestixioso fotógrafo ourensán Manuel Outomuro expón ata o día 10 de novembro na Casa América, de Madrid, un proxecto solidario no que participan medio cento de personalidades de sectores como cine, música, moda, artes escénicas, literatura, ciencia, deporte ou gastronomía. A mostra Ver o no ver. Fotografías de Outomuro. Un gesto unánime contra la ceguera evitable incide, dende as personaxes fotografadas, na importancia que a visión ten na vida das persoas.

Con este proxecto asinado polo fotógrafo Manuel Outomuro preténdese unir «esforzos para chamar a atención sobre os proxectos de cooperación que está a levar a cabo a Fundación Ojos del Mundo, que combate a cegueira evitable en algúns dos territorios máis vulnerableis do mundo, con especial protagonismo e incidencia no proxecto Ojos de Bolivia».

De Almodóvar a Ferran Adriá

Entre outros, deixáronse retratar polo mestre Outomuro, Ferran Adriá, Antonio Banderas, Pedro Almodóvar, Lang Lang, Eduardo Mendoza, Isabel Coixet, Eduardo Noriega, Pilar López de Ayala ou Jaume Alguersuari. O obxectivo da mostra é reflexionar sobre un problema que afecta a millóns de persoas no mundo. Na inauguración da mostra, na que participaron Tomás Poveda, director xeral de Casa de América, Borja Corcóstegui, oftalmólogo e vicepresidente da Fundación Ojos del Mundo, e Manuel Outomuro salientouse o traballo desinteresado e a colaboración solidaria do artista.

Curso sobre fotografía de moda

O fotógrafo ourensán impartirá o día 10 de novembro unha clase maxistral no Simeón sobre fotografía de moda. A organización desta iniciativa corre a cargo dunha axencia de modelos da cidade de Ourense.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Manuel Outomuro amosa a súa imaxe máis solidaria