«A nosa frase forza é 'libros para soñar'»

m. conde pontevedra / la voz< / span>

FIRMAS

Xosé Ballesteros, onte en Pontevedra, despois de coñecer a noticia da concesión do premio.
Xosé Ballesteros, onte en Pontevedra, despois de coñecer a noticia da concesión do premio. ramón leiro< / span>

02 abr 2013 . Actualizado a las 13:58 h.

Desde o 2 de abril de 1998, Kalandraka publicou máis de 400 títulos -sobre 40 novidades ao ano- cun novo concepto dos libros infantís.

-¿Que lles moveu hai 14 anos a facer esta aposta polo libro infantil?

-Os que fundamos Kalandraka províamos do mundo do libro e nos dous primeiros anos o noso proxecto era exclusivamente para Galicia, a intención era crear un proxecto que fose viable aquí e en galego. Queríamos que os nenos do noso país puidesen ler na nosa lingua libros en tapa dura e a toda cor, porque había unha oferta moi pequena. Logo, decidimos apostar por cruzar as fronteiras xeográficas de Galicia, editar en castelán e houbo un momento importante, que foi o Premio Nacional de Ilustración a Óscar Vilán, por O coelliño branco. Ese foi o espaldarazo.

-¿Onde se sorprendeu máis de ver un libro de Kalandraka?

-Pois o mais lonxano, quizais unha librería en Tokio.

-¿Onde queren chegar?

-O noso obxectivo é manternos. Seguir facendo un catálogo coherente. Hai unha parte importante do noso traballo, que é que estamos axudando a crear a memoria do mañá. A nosa frase forza é ?libros para soñar?, e creamos a librería con ese nome hai 10 anos en Vigo. Forma parte do noso obxectivo, como as campañas de animación á lectura.

-¿En Galicia este sector está resistindo mellor a crise?

-Non, Galicia está atravesando unha grande crise, con librerías pechadas, e as axudas non pasan polo seu mellor momento... As familias teñen menos poder adquisitivo. Pode ser que este sector aguante mellor, pero se resinte. Temos a sorte de que estamos noutros mercados.