«Con este decreto, todo o que temos son dúbidas»

Rosa Estévez
Rosa Estévez VILAGARCÍA / LA VOZ

FIRMAS

José Luis Villanueva considera o decreto coma «unha agresión».
José Luis Villanueva considera o decreto coma «unha agresión». mónica irago< / span>

Acusa á Xunta de actuar de costas ao sector e ocultándolle as súas verdadeiras intencións

25 ago 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

O xoves, lanzou un guante á Consellería do Mar, convidando a Juan Maneiro ou a Rosa Quintana a «vir a Carril a explicar» un decreto que, a máis de catrocentos parquistas, non lle gusta.

-¿Que ten o decreto do 91 que non teña este?

-Todo. O decreto de 1991 está desenvolvido nun articulado, neste non hai nada. Este é enigmático, é segredo. O do 91 sabemos onde nos conduce, sabemos as condicións. Sabemos que ao final do proceso de revisión hai unha caducidade dos títulos e unha renovación cunhas condicións que temos claras. Non temos dúbidas porque foi consensuado con nós. Neste, non se dá ningunha desas circunstancias. Todo o que temos son dúbidas.

-En calquera caso, van alá vinte anos e a revisión segue sen rematarse. ¿Será que como ferramenta non era tan bo aquel decreto?

-Evidentemente, en todo pode haber obstáculos. En vinte anos, a situación cambiou, houbo parquistas que morreron, e outros que transferiron os parques. Pero nese terreo os parquistas temos feitos os deberes, e hai ferramentas legais para recoñecerlle a titularidade a quen agora traballa os parques. Claro que se o que se quere é liar o asunto, pódese liar de mil maneiras. Pero a Administración non ten ningún dereito a facer o que está facendo. E nós si temos dereito a que se acabe este proceso, sen discriminacións.

-Pero, insisto, o proceso está estancado.

-Está estancado, si. Pero non por culpa dos parquistas. A comisión de revisión non se reúne porque non se convoca e iso é algo que nós non podemos facer, non temos potestade. Nós lle pedimos a Xunta tropecentas veces que convocase á comisión de revisión, pero o proceso está completamente paralizado desde hai moito tempo. Quedou parado cun goberno do PP e seguiu parado durante o goberno bipartito. Pero ata agora nunca houbera unha agresión coma esta.

-¿A que pensa que se debe?

-Supoño que detrás de todo esto está a intención de darlle a terceiros a capacidade de explotar o nome de Carril. Maneiro está facendo un sacrificio enorme para sacar adiante o seu proxecto, poñendo demasiada carne no asador. Se non tivera nada que ocultar, diría claramente que condicións vai ter que cumplir un parquista para que lle dean a concesión definitiva. Pero non o fai, e iso a nós inquédanos.

-Parece que a Xunta ten a decisión tomada...

-Pode ser. Pero nós temos a nosa dignidade, e imos seguir loitando con todas as armas que teñamos ao noso alcance.

josé luis villanueva agrupación de parquistas

Carril se ha convertido en un territorio en guerra. La decisión de la Xunta de derogar el decreto de revisión y reordenación de los parques de cultivo ha generado un visible enfado entre los productores. Tanto es así, que la agrupación de parquistas que dirige José Luis Villanueva y la cofradía han hecho un frente común y han reunido más de cuatrocientas firmas pidiendo la retirada del nuevo documento y la vuelta al original. La Xunta no parece estar dispuesta a dar el brazo a torcer. Juan Maneiro, secretario xeral de Mar, está convencido de que sin una nueva herramienta que permita agilizar la revisión, el futuro de los parquistas está hipotecado.