Artigos de entroido nos locais

La Voz

FIRMAS

«O martes estiven en Xinzo de Limia cuns amigos para pasar o entroido, como todos os anos. Como non se pode andar pola rúa sen disfrace, a non ser que un acepte

que o vaian collendo en brazos as pandillas de pantallas para levalo ós bares a pagar unhas roldas, entrei nunha tenda a proverme de material adecuado». Esta é unha escolma do artigo titulado «Entroido en Xinzo» publicado o 14 de febreiro do 2002 na sección «Á Marxe» de La Voz da que era autor Carlos Casares. Este artigo xunto con outros tantos que o autor dedicou ao entroido de Xinzo no xornal forman parte da iniciativa que instalará un centenar de carteis con dez artigos diferentes do autor sobre o entroido en diferentes locais de hostalería limiá durante a celebración do entroido deste ano.