«Somos un exemplo na comarca»

Carla Elías Martínez
Carla Elías NARÓN

NARÓN

Catalina García preséntase por terceira vez a alcaldía naronesa como candidata socialista.
Catalina García preséntase por terceira vez a alcaldía naronesa como candidata socialista. José pardo< / span>

A aspitante socialista destaca o traballo realizado en servizos sociais

14 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

«Recórdanme a mi no ano 2007», evoca Catalina García. Para a socialista estas serán as súas terceiras eleccións municipais. «As vivo con moitísima ilusión. Levo unha lista moi renovada, con xente que está a vivir as súas primeiras municipais que me recordan a mi no ano 2007 e por suposto danme empuxe, ánimo e forza».

-¿Que lle empuxa a volver a presentarse?

-Creo que aínda teño moito que aportar no goberno de Narón para axudar á cidadanía e mellorar o noso Concello.

-¿Como é a candidatura?

-A lista vai renovada nun 72 %. Nos dez primeiros postos a inmensa maioría son licenciados universitarios de todas as áreas, dende profesores, universitarios, informáticos, un médico, enxeñeiro naval. Xente formada en aspectos moi diferentes, nova, con ganas, ilusión e con moitas ideas para gobernar Narón.

-Faga un balance de goberno. ¿Que destaca do mandato e que quedou pendente?

-Destaca a pegada que deixamos os socialistas estando ao lado dos máis desfavorecidos, das persoas que peor o están a pasar. Fomos capaces de reforzar as axudas a estas familias; poñer en funcionamento o centro de recursos solidarios, pioneiro no solo na nosa comunidade sino incluso a nivel de España, atendendo a mil trescentas persoas. Abrimos a porta da participación cidadá. Aínda queda moito por facer, pero abrimos a porta e aí seguiremos traballando. Somos un exemplo na comarca e queremos traballar en clave comarcal. Loitar por estreitar pontes e lazos co resto dos Concellos para potenciar este centro de recursos e poder axudar ás familias en todos os concellos. E por suposto queremos ser referencia como o somos en cultura ou en deportes, na participación dos veciños. Queda pendente desenrolar o regulamento de participación cidadá e poñer en marcha os orzamentos participativos.

-¿Que propostas destaca do programa socialista para o próximo mandato?

-Irrenunciable e importantísimos son o centro de saúde e completar o saneamento e abastecemento de auga na zona rural. Sabemos que imos necesitar da Xunta de Galicia para ambas cousas, pero non imos renunciar baixo ningún concepto a ningunha das dúas cousas. Ademais queremos sobrepasar as nosas fronteiras da comunidade e de España para publicitar os recursos dos que dispoñemos en Narón; dar facilidades a que novas empresas se asenten nos nosos polígonos, diversificando o tecido empresarial de forma que, sen esquecer o naval por suposto, podamos seguir sendo referente á hora de saír da crise como xa o somos neste momento.

-Expectativas para o día 24.

-Nos presentamos para gañar, temos claro que o PSOE vai estar no goberno de Narón, para coller a alcaldía e estar en cabeza de todos os partidos.

-O cuadripartito ¿beneficia ou perxudica de cara ao voto?

-Á hora de traballar non nos preocupamos en quen ía rentabilizalo. Creemos que a cidadanía é sabia e soberana, e o día 24 falará nas urnas. O que fixemos nestes catro anos foi traballar, traballar ao lado dos que máis o necesitan, unha sinal do PSOE, e da xente que ten problemas non soamente por falta de recursos senón tamén no aspecto laboral, falamos dos traballadores de Poligal, Megasa, Privilege...