Contando Ciencia retorna co Museo da Natureza

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Xan Rodríguez Silvar, no Museo de Historia Natural.
Xan Rodríguez Silvar, no Museo de Historia Natural. CESAR TOIMIL

O biólogo Xan Rodríguez Silvar impartirá unha conferencia

09 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo de conferencias Contando Ciencia regresa a Fene, organizado pola biblioteca o Segrel do Penedo do IES de Fene coa colaboración do Concello. Coordinado pola mestra Violeta Miraz Seco, xa este xoves ás 19.30 horas haberá un relatorio sobre o Museo da Natureza de Ferrol.

Co título de O Museo de Historia Natural Ferrol, un museo cidadá; intervirá o delegado da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), Xan Rodríguez Silvar.

O biólogo, naturalista e activista falará das orixes e da historia do museo ferrolán que naceu «como resultado da actividade de decenas de socios e que ten unha das mellores coleccións naturistas da Península Ibérica».