Lorena Pita: «A razón de ser da escola non é transmitir contidos: formamos persoas para a vida»

FENE

O innovador colexio Os Casais de Fene vén de recibir un premio pola formación do seu equipo de mestres, que desenvolve programas de robótica, titoría entre iguais, plurilingüísmo en infantil, radio na escola, Erasmus, voluntariado, STEM, xestión das emocións...

18 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Fene, quilómetro cero do desmantelamiento industrial en Galicia, «aquí a crise foi aguda», contextualiza Lorena Pita, directora dun centro de infantil e primaria de 51 pequenos que vén de recibir un premio polo seu esforzo na formación de mestres. «Os Casais é un equipo, e maioritariamente feminino. Pensamos que a razón de ser da escola non é ser transmisora de contidos.

Formamos persoas e as formamos para a vida», explica a directora antes de facer reconto dos programas de formación nos que se meteron para facer posible ese formento de «cidadáns responsables, autónomos e críticos». Cursos de aprendizaxe cooperativo, ferramentas TIC, robótica, aprendizaxe por proxectos, observación docente, bibliotecas, dous anos co proxecto Combas do ministerio.

Daí veñen, subliña a directora, os premios ao plurilingüismo, ao programa de Titoría entre iguais para a prevención da violencia e o acoso escolar, a robótica na aula ou o modelo SEM que trata de desenvolver as fortalezas de cada neno e promove o erro, non como fracaso, senón como oportunidade para aprender.

As ansias de innovación no colexio de Maniños explican as viaxes Erasmus para coñecer como traballan en Finlandia, Cardiff ou Polonia, a radio na bibliotecas, os soportes tecnolóxicos e dixitais de Abalar e Edixgal, o Voluntariado Miúdo, o programa europeo Etwinning, a semana STEM, a English Week ou o Proxecto Piteas, que lles achega ao centro expertos-mentores. «Estamos aprendendo cada día a deixar que os nenos tomen decisións... A innovación vai da man do traballo en equipo, das familias, fundamentais da nosa escola, por iso temos escola de nais e pais [bota de menos aos pais], dos alumnos e do gran capital humano do ensino público».