O Concello de Cabanas inicia o programa de balde «Muller dixital»

La Voz

CABANAS

CEDIDA

Ofertarase un itinerario formativo deseñado para avanzar desde o nivel básico

10 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A área de igualdade do Concello de Cabanas súmase ao proxecto «Muller dixital», unha iniciativa dirixida a mulleres aberta e de balde que ten como obxectivo mellorar as competencias dixitais das mulleres galegas que se atopan en situación de desemprego, e que lles permitirá aproveitar as posibilidades das tecnoloxías dixitais. Ofertarase un itinerario formativo deseñado para avanzar desde o nivel básico de competencias dixitais, de corenta horas de duración cada un deles, e que se completarán cun módulo transversal sobre igualdade de oportunidades. Agasallarase ás asistentes cunha tablet.