Os propietarios das Fragas do Eume, en loita tamén no entroido

LA VOZ PONTEDEUME

FERROL

Propietarios de las Fragas do Eume con camisetas reivindicativas, junto al local social de Ombre, en Pontedeume
Propietarios de las Fragas do Eume con camisetas reivindicativas, junto al local social de Ombre, en Pontedeume A. F. G.

Máis de trinta persoas vestiron camisetas reivindicativas para esixir «xustiza» á Xunta 

24 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Máis de trinta propietarios das Fragas do Eume retratáronse de costas, exhibindo nas camisetas as mensaxes máis reivindicativas dos últimos tres anos dirixidas ao Goberno autonómico. Aproveitaron os actos de entroido do centro social de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu malestar e as súas demandas: «Xunta escoita, as Fragas do Eume están en loita» ou «Xustiza para os propietarios».

«A Xunta de Galicia danos a espalda, pero non nos resignamos, seguiremos loitando, de fronte, en defensa dos nosos dereitos de propiedade», repetiron os participantes. O parque esténdese polos municipios de A Capela, Cabanas, Pontedeume, Monfero e As Pontes.

Os propietarios levan xa case tres anos mobilizándose de xeito periódico para demandar compensacións xustas polas restricións de uso das súas fincas no parque natural. As protestas comezaron coa aprobación, por parte do Goberno galego, do Plan Reitor de Usos e Xestión das Fragas do Eume.