Carlos González Calvo: «Hai estancamento político, social e laboral»

A. F. C. AS SOMOZAS / LA VOZ

FERROL

CEDIDA

O candidato do BNG propón máis participación veciñal e quere dinamizar a economía e o emprego

18 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Carlos González (Narón, 1978) traballa en Gamesa e opta por segunda vez á alcaldía de As Somozas polo BNG. Ve «un estancamento total en política social e laboral» e quere «dar participación aos veciños e dinamizar a economía e o emprego, preservando o medio ambiente». Aspira a fixar poboación cunha escola infantil e o centro de día; potenciar as escolas deportivas e culturais; un plan de igualdade no Concello e xestión eficiente; e reverter nos veciños parte do recadado polos eólicos, coma en Muras.