O poder das palabras

Eduardo Fra Molinero CAVE CANEM

FERROL

16 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Omito bíblico Deus fabrica as cousas co poder da palabra. Dixo: «Fágase a luz». E fixo a luz... Dito e feito. De momento os únicos que falamos somos os homes e temos en alta consideración a facultade de falar (de pensar). Se non falas parece que nin existes nin existen as cousas. Os monxes con voto de silencio queren outra existencia...

Desculpen estas filosofías. No banco de Loiba van poñer -contáronme- un letreiriño que di: «Mellor en silencio». Coas palabras (e a gramática) temos serios problemas. Hai xentes en Bélxica que cando escoitan falar francés, cuspen con noxo. O alemán é bo para falar co cabalo -dicía Carlos V-. Claro que para o emperador o cabalo era persoa selecta. A min gustoume a fala catalá e fixen amigos pero tamén inimigos que me afearon ese vicio. Porque escribo no meu galego estronzado tamén me teñen dito algo. Déixanme por irrecuperable.

O poder da palabra é enorme. Vémolas creando cousas reais e irreais. Serven para marcar territorios. «Ti de aquí non es». ¿Cómo solucionar o conflicto lingüístico? ¿E se non ten amaño? ¿Terán amaño o problema racial, o problema de clases sociais e o problema da diferencia de sexos? Porque aceptar que somos iguais en dereitos, semella que «nin de broma». A desigualdade paréceme que está no ADN humano dende o mito bíblico. Somos o que falamos.

Ese señor Quim Torra de Cataluña asusta, pero non máis do que xa estamos asustados. Eu non sabía que por ser español, era de raza inferior. En Cataluña dito e feito.