A letra de Manuel María, espello de súa creatividade

Ramón Loureiro Calvo
ramón loureiro FERROL /LA VOZ

FERROL

sociedade galega de grafoloxía

Un estudo grafolóxico subliña o idealismo do poeta chairego

03 ene 2017 . Actualizado a las 23:36 h.

En verdade era unha moi fermosa letra, a do poeta Manuel María. Pero esa letra era, ademais, o espello da súa creatividade. Así se desprende do estudo grafolóxico que lle dedica, no ultimo número do Boletín da Sociedade Galega de Grafoloxía, o presidente desa entidade, o ferrolán José Ramón Vázquez Martínez. Nas súas conclusións -o manuscrito estudado é, por certo, o dunha elexía na que se lle rende homenaxe a Cunqueiro-, Vázquez Martínez subliña aspectos coma o idealismo do escritor chairego, a quen a Academia Galega lle dedicou o Día das Letras do 2016. Anota, tamén, que no «seu esteticismo» hai «unha pescuda innovadora, rebelde e orixinal». E salienta, ademais, que Manuel María sabía recoñecer moi ben «os méritos alleos».