«O plan reitor das Fragas do Eume é obrigatorio e será beneficioso»

raquel freire FERROL / LA VOZ

FERROL

Santi M. Amil

Verónica Tellado avoga polo consenso e tende a man ós propietarios

25 ene 2015 . Actualizado a las 10:47 h.

A Directora Xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado (Ferrol, 1974), quixo aclarar as dúbidas en torno ó plan reitor das Fragas do Eume.

-O Plan Reitor chega con anos de retraso e preséntase como un proxecto que se dilatará no tempo, ¿a qué se debe que sexa un proceso tan longo?

-O que é a súa tramitación está suxeita á normativa ambiental, pero estamos a falar dun tipo de proceso que polo interese que esperta soe prolongarse no tempo. Dende o inicio tivemos claro que este plan ten que acadarse con consenso, polo que tardaremos o necesario para que este obxectivo se logre.

-Os propietarios teñen medo de que este plan se aprobe por decreto, ¿podería ocorrer isto?

-Eu descarto esa idea, considero que si houbésemos querido actúar así o plan faría tempo que estaría aprobado. É un documento obrigatorio por lei, necesario e que será beneficioso para todo o mundo. Por iso espero que reflexionen, non quero que pensen que a administración garda un ás na manga porque non é así.

-¿Qué beneficios lles reportará tanto ó parque coma ós veciños a creación deste plan reitor?

-Os Plans de Usos e Xestión están previstos na normativa para definir que usos e que actuacións se teñen que desenvolver no contorno dos parques. Trátase de conservar o entorno, establecendo unha regulación clara e concisa que redunde na promoción do espazo, pero que tamén mellore a actividade socioeconómica tradicional compatible dentro do parque, durante un periodo de tempo de seis anos. Estas actuacións, por suposto, irán dotadas dun orzamento.

-¿Limítase suficiente en Galicia ou aínda hai que mellorar en materia de protección natural?

-A proba de que temos unha conciencia ambiental en positivo son os nosos espazos protexidos. O mellor garante que pode ter calquera persoa que se plantexe esta pregunta é recorrer os nosos parques e disfrutalos. E aínda que todavía queda moito por facer, porque a normativa alonga os procesos, creo que é como para estar satisfeitos.

-¿Cal é o seu principal obxectivo como Directora Xeral en canto o PRUX das Fragas do Eume?

-O obxectivo principal da Dirección Xeral, e o meu propio, é contar coa colaboración de todos e acadar un plan que responda, polo menos en grande medida, ás expectativas de todos, non só dos propietarios, nin só da administración pública. Este plan debe responder ás necesidades deste gran parque natural.

-¿Haberá en breve reunións cos propietarios?

-Eu agardo que sí, sorprendeume que non decidiran asistir á última Xunta Consultiva. Sempre manifestei a miña vontade de diálogo e a única maneira de concretar actuacións é sentándose a falar, polo que espero que poidamos reunirnos.

verónica tellado directora xeral de conservación da natureza