O derradeiro aporte na zona foi a mediados do 2010
09 nov 2012 . Actualizado a las 07:00 h.O próximo martes, de novo, os representantes das confrarías de Ferrol e Barallobre manterán un encontro en Santiago cos responsables da Consellería do Medio Rural e do Mar. Ahí se darán respostas ás demandas plantexadas polos pósitos á conselleira en funcións, Rosa Quintana, na entrevista que mantiveron tres días atrais.
Os problemas son moitos. E o irregular funcionamiento das bateas para a depuración de ameixa, o principal. Pero hai máis peticións para que se poda avivar o marisqueo na ría de Ferrol. A area é unha delas.
O patrón mayor de Barallobre, Manuel Bañobre, lembraba onte que «hai moitos puntos da ría que necesitan area para poder rexenerarse, e dependendo do tipo de material que sexa, do tipo de árido, servirán para uns bancos ou outros». O principal, de tódolos xeitos, é o das Pías, de onde sae o groso da producción.
E hai tempo que agarda por esa medida. Moito. Porque a exixencia non é nova. Reclamouse en numerosas ocasiones. E só tivo éxito entre maio e xuño do 2010. Hai que remontarse a esas datas, fai máis de dous años, para atopar un precedente de calado.
Draga
Nesa etapa, e despois dunha inversión de 300.000 euros por parte das arcas autonómicas, a draga Kin Kon ocupouse de verter arredor de 11.500 toneladas de area na zona do entorno do viaducto que mira á bocana da ría. A medida foi efectiva, como reconoceu onte Bañobre, e agose colleita froitos nesa zona, onde o marisco medra mellor. As confrarías da ría agarda xa novos neste terreo. E que se produzan rápido..
reportaxe a rexeneración do banco das pías