«O teatro non ten idade»

Carla Elías Martínez
C. elías FERROL / LA VOZ

FERROL

Cristina Mariño, actriz e cantante

03 feb 2011 . Actualizado a las 13:11 h.

Cristina Mariño González (Ferrol, 1976), unha das voces da agrupación musical Vocal Noise, actriz da compañía Teatro do Morcego e profesora da Escola Municipal de Teatro de Vilalba, leva dende os oito anos interesada polo mundo da música e o teatro. Foi unha profesora do instituto Rodolfo Ucha, onde cursou os seus estudios, a «culpable» de que Cristina dedicárase profesionalmente ó mundo do espectáculo. No ano 2009, a actriz e cantante colleu as rendas do centro dramatúrxico de Vilalba, onde pretende inculcar o seu amor polas artes escénicas aos alumnos da escola.

-¿Como afronta o reto de dar clases nunha escola de teatro?

-O obxectivo é acercarse ó mundo do teatro dende a imaxinación e a improvisación, e estudar textos e aspectos históricos do drama. Aínda que se trata dun centro pequeno, hai alumnos dende os seis anos hasta adultos, o teatro non ten idade.

-¿Cando poderá verse ó grupo actuando?

-Estamos preparando unha escenificación que se poderá ver este mes, na celebración local do enterro da Sardiña, en colaboración co Concello de Vilalba. Participamos no xuízo da sardiña cun pasarrúas e acompañados dunha banda. Este ano temos como temática ás mulleres loitadoras do século XIX.

-¿Como lembra a escola de teatro cando era vostede a estudante?

-Antes estudar teatro era como participar nun obradoiro, tíñamos actividades e representacións, pero menos formación. Na miña primeira etapa na Escola de Teatro de Narón coñecín a grandes actores coma Lino Braxe ou Luís Prieto. Da segunda etapa na escola destaco o cambio do formato do centro cara a profesionalización. Comezamos a recibir formación máis formal e completa.

-¿E a súa faceta como actriz e cantante?

-Coa compañía Teatro do Morcego estamos inmersos na montaxe de Os vellos non deben namorarse. Vimos de representala obra en Ribadeo, Vigo, ou Cangas, e a próxima cita témola en Santiago. E en Vocal Noise acabamos de recibir fai apenas dúas semanas un premio da Sociedade Artística Ferrolá.