«Hai que ser prudentes e apretarnos o cinturón»

J.V. FERROL/LA VOZ.

FERROL

O Concello de Narón foi un deses municipios modélicos, que fixo os deberes con boa nota, gastando o que ingresaey sen acudir ao préstamo fácil, ao endebedamento. As cousas van ben, non obstante iso no quere dicir que se poida durmir nos laureis. A situación en España é a que é, e ninguén é alleo á crise. O alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, asegura que hai que apretarse o cinturón, máis que nada por prudencia. Destaca que a Cultura e e o Deporte son unha parte fundamental do estado do benestar, aínda que establece prioridades: os gastos de persoal (que non se poden tocar), o que necesariamente hai que emplear no mantemento das instalacións, alumeado, etcétera, e sobre todo, os gastos en asuntos sociais. Ahí asegura que non vai ceder: «Non vamos quitar as axudas sociais aos mais desfavorecidos».

-¿A situación é tan dura?

-Nos reunimos o xoves coa xente do movemiento cidadán pra pedirlles prudencia, que fagan os presupostos á baixa, apretando o cinturón polo que poida pasar. Se o estado non para de mandarnos os cartos que nos corresponden, nós manteremos asmismas colaboracións coas entidades participativas xa que son a base do Concello. A nosa idea é repaldar o deporte e a Cultura na medida das nosas posibilidades.

-¿A aposta do Concello polo deporte e a Cultura sempre foi clara?

-Por suposto que si, gastamos en Deporte e Cultura máis de un millón e medio de euros ao ano. Consideramos que é fundamental que disfruten os máis novos.

-¿O traballo do Siroco Team, un ano mais foi impecable?

-Hay que darlles a noraboa polos vintecinco anos de existencia e polo seu traballo nos últimos 23 na organización do Rali Cidade de Narón. Esta carreira move unhas cantidades de xente impresionante e boa parte deles o fan dunha maneira altruista. Tamén agradezo o trato para o Sicoro de otros concellos polos que pasa a proba. De paso pide disculpas aos veciños afectados.

-¿O Concello segue apostando por esta proba?

-é un buque insignia do deporte naronés e da que disfrutan miles e miles de aficiondos de toda a comarca e chegados doutros puntos da Galicia.

-¿Qué pasa co Narón Balompé

-Teñen unha gran débeda que arrastran desde hai moito tempo e a súa situación é complicada, aínda que trataremos de axudarlles. Teñen un plan de seneamento e haberá que ir pouco a pouco.

-¿O Campeonato de España de fútbol sala alevín foi todo un hito para Narón y toda la comarca?

-Foi algo impresionante. Eu quixen ir a Lugo a velos xogar e foi un placer aínda que sufrín moito, demasiado tensión. Hai moitos nenos, más de 800, facendo deporte en clubes como o Cidade de Narón ou o Narón Balompé. Iso e un gran traballo é fundamental.