«O Bloque está en ascenso, é a nosa mellor oportunidade»

La Voz

FERROL

JOSÉ PARDO

NÚMERO 1 DO BNG DE PONTEDEUME

08 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Nacín na Estrada no 1964, aínda que levo vivindo en Pontedeume dende hai 18 anos. Estou casado e teño tres fillas, as tres eumesas. Deixei o meu concello natal por motivos matrimoniais e por traballo. Son licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago. Teño unha praza no instituto Concepción Arenal, onde dou clases de Lingua e Literatura Galega. Aínda que desde o 2003 estou en situación de servizos especiais, porque teño dedicación exclusiva no Concello. Participei nos movementos estudantís formando parte de ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) e estiven vinculado á fundación dos Comités Abertos de Estudantes. Son especialista nas obras de Castelao e escribín tres libros. ? miña vinculación coa política xorde de moi novo, no instituto. Pouco a pouco metinme nas institucións nacionalistas, e logo fíxeno na vida municipal. No 1999 presenteime como cabeza de lista, logo repetín no 2003 e agora tamén. Neste último mandato, son concelleiro. Creo que o Bloque está en ascenso, vive un momento crucial, penso que é a nosa oportunidade. As outras forzas políticas teñen xa os seus proxectos esgotados. Nós seremos capaces de levar a cabo o noso de forma ilusionante.