Crónica | Ferrol lembra a un cidadán imprescindible
08 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.Non faltaba casi ninguén. O protagonista, tal vez, pero todo o mundo o tiña na memoria. Nos mundos de Carlos Casares -precisamente o título da exposición inaugurada onte no Torrente Ballester- hai un oco xa reservado, e ben reservado para Ferrol. «Aquí hai unha praza, un libro e amigos, máis que suficiente para que Ferrol non sexa un ha cidade máis no mapa galego de Carlos», certificaba a súa viuva, Kristina Berg. E, verdadeiramente, non faltaba ninguén. Deputados nacionais (Hipólito Fariñas), alcaldes (Lepoldo Rubido, de Cedeira, ou o rexedor de Mondoñedo, Luis Rego), deputados autonómicos (Fernando Amarelo de Castro) responsables políticos (Xaime Bello) e ex responsables de Cultura (Bonifacio Borreiros). Tamén unha ampla representación da corporación ferrolá, co seu alcalde e concelleiro de Cultura o frente. Ademais, xente da universidade como o vicerrector Manuel Recuero. Pero, sobre todo, personalidades da cultura de toda Galicia, como o director da Fundación Caixa Galicia, José Castro, o escultor Patinha, a responsable da galería Sargadelos, Fina Casal, ou o profesor especialista en Torrente Ballester José Antonio Ponte Far. Esos eran algúns dos amigos que lembraba Berg. «E hai catro días que estabamos falando con el aquí, no Torrente», dicía con nostalxia non oculta José Manuel Couce Fraguela. Máis información na páxina 49