A undécima edición do concurso Mellor Periodista Infantil e Xuvenil, convocado polo Programa Prensa-Escuela, dá a coñecer os ganadores
28 may 2014 . Actualizado a las 12:52 h.A undécima edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, que convoca o Programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, mobilizou a case 4.500 estudantes de toda Galicia. O programa educativo que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre convocou dúas modalidades na categoría infantil, na que os máis pequenos debían debuxar unha noticia e acompañala dun texto, máis sinxelo para os máis cativos, e outras dúas na categoría xuvenil, que propuñan elaborar un xénero xornalístico diferente cada unha: unha entrevista e un artigo de opinión.
As interpretacións artísticas da realidade que presentaron os alumnos de primaria e de educación especial combináronse con textos xornalísticos de calidade elaborados por alumnos de secundaria, bacharelato e formación profesional. O xurado estivo presidido por María José Arrojo Baliña, subdirectora da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e composto por César Casal González, subdirector de Información de La Voz de Galicia; Carlos Ocampo Pérez-Gorostiaga, coordinador de La Voz de la Escuela; Ana Abelenda Vázquez e Ignacio Mirás Fole, redactores de La Voz de Galicia; Maica Simón Gómez, do departamento de Comunicación da Corporación Voz de Galicia; e Romina Sande Lago, coordinadora do Programa Prensa-Escuela, que actuou como secretaria.