A nutricionista Eugenia Latorre fala dos beneficios que ten ir ao mercado
16 oct 2013 . Actualizado a las 11:31 h.Eugenia Latorre, nutricionista con consulta na Coruña que predica co exemplo (é nai), cre que ir ao mercado é «unha idea estupenda, sobre todo se os pequenos van cos seus pais», e defende que os nenos aprenden co tempo.
-¿Qué ten de bo o mercado?
-É un bo sitio para familiarizarse coas cores, os olores, as texturas dos alimentos?
-¿Os nenos aprenden algo?
-Co tempo van aprendendo cales son as froitas e verduras de tempada, como diferenciar un peixe fresco, que partes da carne utilizamos en cada prato, etcétera.
-Neste caso era un cocido.
-O cocido ten proteínas de alto valor biolóxico (as que contén a carne), hidratos de carbono de absorción lenta (garavanzos, fabas, patacas), alto contido en fibra (grelos, repolos, garavanzos...).
-¿Ningún problema para os pequenos?
-Habería que ter coidado co exceso de graxa saturada e de sal, pero isto depende da cantidade e o tipo de carne empregada.
-¿Cal é a materia pendente da alimentación escolar en España?
-Varias, pero unha moi importante pola repercusión que tería na saúde pública é que a Administración sexa consciente da influenza que ten a alimentación no desenvolvemento de moitas patoloxías, e o aforro que suporía incorporar dietistas nutricionistas na Seguridade Social.
Actividades
1. Inescusable: ir a www.ceipsigueiro.org e visitar, á esquerda, o blog «Eu cociño ti cociñas».
2. Nese blog verás os pratos que teñen preparados e que van parellos a unha canción (Videorreceitas) ata a Bibliocociña (os libros nos que se inspiran, desde o archipopular «El pollo Pepe» ata un de Arguiñano, que por certo os sacou nun dos seus programas).
3. Fíxate no xantar de hoxe no comedor ou na túa casa. Anota de onde vén cada cousa. Por exemplo, se tes patacas, ¿de onde viñeron orixinariamente? ¿Sabes de onde son as que estás tomando?
4. Le amodo a entrevista con Eugenia Latorre. ¿Que cousas desas comes? ¿Cales non? ¿Por que non? ¿Hai algo que non che guste? Pero ¿que é o gusto? ¿Onde está? ¿No cerebro, no estómago? Pensa que os nenos de Sigüeiro saben que «non me gusta» non existe, simplemente.