Asume a xerencia nun momento no que recoñece que é preciso optimiza-los recursos «cada vez máis escasos». Mais salienta que unha boa xestión é abondo para levar adiante a institución
24 oct 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Nun intre no que todos recoñecen a mala situación económica das universidades, Vázquez Portomeñe toma posesión como xerente da institución apostando por sumar esforzos e optimizar fondos. -¿Como se afronta a xerencia nun momento tan delicado economicamente? -Con vontade de utiliza-los mellores esquemas de xestión, con confianza nos equipos que hai, que son moi bos, e con ilusión para traballar. Existen dificultades, pero eu que son de corte optimista, penso que son transitorias. O diálogo entre institucións e a boa xestón solucionan todas estas cuestións. -¿Hai que mellorar a transparencia da universidade? -A universidade é a institución máis transparente en tódalas ordes, incluido o ámbito de xestión. Hai controles democráticos, fortísimos, na xestión administrativa, económica, e mesmo na xestión da investigación e a docencia. -¿Pero a sociedade percibe tamén esta transparencia? -Si, pero ó mellor temos que progresar máis nese sentido para que a sociedade o reciba de maneira máis clara. -Ata que se poña en marcha o novo plan de financiamento a finais do 2003, ¿subsistirán as universidades? -Si, si. Hai recursos de xestión abondo para adaptarse. O propio rector, Senén Barro, recoñeceu a necesidade de aportar confianza en «momentos de especial turbulencia», e agradeceu o traballo feito polos vicexerentes.