O Refuxio celebra o día 29 en Merza 75 anos de sabor, historia e acollida

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Uns actos na honra de Adolfo e Pilar, os fundadores, e das seguintes xeracións

21 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai negocios que son máis que iso e rematan convertidos en espazos onde un atopa sempre acougo e refuxio. De ese sentemento naceu o nome de O Refuxio de Merza, como é coñecido a que foi no seu día Casa Adolfo. O 29 de marzo conmemoráse o 75 aniversario do nacemento deste restaurante familiar cunha festa na que se honrarán os oríxes e que servirá para dar as grazas todos os que o fixeron posible.

Natalia Guzmán leva agora 25 años ao fronte do negocio que abriron como taberna os seus avós Adolfo Pereira e Pilar Rodríguez. Logo tomaría o relevo a nai de Natalia, Carmen Pereira. Nos seus comenzos era, comenta Natalia, «unha taberna na época do wolframio. Abrirá fronte a onde está agora O Refuxio. Meu avó collera un traspaso de alguén que xa era algo da nosa familia, que se chamaba Rita. A xente dicía `imos ao refuxio´ e cando quixen coller o negocio, falei co meu avó. Lle dixen que quería buscarlle un nome e el díxome que todo o mundo dicía iso do refuxio porque a xente viña alí e acubillabase» e así fai 25 anos tomou xa o nome oficial de O Refuxio.

Nos primeiros tempos xa se facían callos, un dos platos da casa. Natalia, que ten agora 44 anos, recorda que cando tiña 10 xa servía os pratos na taberna «e había de menú: callos, carne ao caldeiro, richada, chuleta, pulpo e troitas». Daquela, explica, «¡mimadriñá cantas troitas vendíamos!. A nosa taberna era famosa e viña xente moi coñecida a comer troitas. Un deles era Amancio Ortega que viña a comer as troitas cando eu era pequena». O churrasco foi outros del emblemas deste establecemento familiar.

A celebración terá lugar na Casa con Encanto, propiedade de Natalia, para dar cabida a cantidade de xente que se agarda ese día. Proxectaráse un vídeo que resume a historia do negocio, da empresa e da súa familia. Non faltará a música ao longo de toda a xornada. Tocará a Banda de Merza e a Banda de Silleda ás que lle une unha gran amistade, xa que en Silleda tivo tamen 18 anos un Refuxio, que posteriormente alugou. Actuará Antonio Barros, Isabel Risco e a charanga Jokakolas para rematar co DJ Bob «ata que o corpo aguante» con pinchos das especialidades da casa, unha consumición gratuita e moitas sorpresas.

A festa arranca ás 11.45 cun pasarrúas e os gaiteiros O Arco de Merza. Unha xornada na que estarán moitos amigos e clientes de toda a vida cuxos descentes siguen indo a O Refuxio. A algún, conta Natalia, «a miña nai lle fixo a Comunión e eu a voda». Será tamén a ocasión para debullar lembranzas e o paso de tantos e tantos clientes. Uns famosos como Boris Izaguirre ou o Cordobés e moitos outros cidadáns de a pé que atoparon todos eles o insuperable sabor da cociña galega tradicional de toda a vida e o agarimo de esta familia que fixo do seu negocio en Merza un Refuxio para toda a súa clientela.

Natalia Guzmán: «Non hai ninguén que me gañe ao futbolín»

Con Natalia Guzmán o negocio medrou. Empezou con 20 anos xunto coa súa irmá Paula, que logo colleu outro camiño profesional «e por detrás a miña nai, que xa estaba enferma, íame guiando e ensinándome cociña e ía empapándome da cociña tradicional». Recoñece que «eu odiaba a cociña. Con 15 e 16 anos, a odiaba a morte. Cando con 20 anos decidín emprender eu pensaba ter un bar e vender cubalibres e pouco máis pero dinme conta de que a xente viña a comer e non eramos famosos por vender cubatas. Déixeme guiar pola miña nai».

Formouse en dirección de cociña, foi a moitos cursos e, comenta, «empapeime moito de gastronomía viva, pura, de cepa e logo formeime porque para poder medrar nunha empresa é primordial formarse e facer unha boa xestión de empresa, senón é imposible». Explica que «Tiven a gran tristura de que miña nai faleceu cando eu tiña 25 años e levaba aínda só 5 anos co negocio». Pero tivo a sorte de ter aos seus avós preto ata fai 5 anos o seu avó e 8 a súa avoa porque, di, «foron un piar fundamental de familia, de compromiso e de loita».

Loita contra o cancro

Natalia tivo cancro e súa nai e a súa tía faleceron a causa desta enfermidade e os actos de aniversario terán tamén unha vertente solidaria. Neles a xente que queira colaborar poderá facelo coa Fundación Andrea contra o Cancro Infantil que estará tamén alí. e recollerá directamente as donacións que queira facer a xente.

A vida de Natalia Guzmán está ligada á taberna onde medrou. Conta que «non hai ningunha persoa que coñeza que me gañara o futbolín. Había un e eu xa con 3 anos enredaba alí con el». Aínda hoxe, conta, mozos da idade do seu fillo Miguel, que ten 17 anos, quedan abrallados pola súa destreza porque son moitos anos de práctica. Atendía a taberna con 9 anos. Foi a estudar a Santiago e «todos os fins de semana traballabamos. Era daquela un referente de callos e churrasco. Con 17 anos íamos de marcha, pero traballabamos ata a 1.00 ou as 2.00 da mañá dando 50 ou 60 ceas». Agora intento «dentro do equipo que teño facer familia. Teño xente conmigo como Celsa que leva traballando máis anos dos que levo eu coa empresa», comenta. A firma medrou moito pero «a esencia do Refuxio é familia e amor polo traballo».

En breve abrirán no Corte Inglés de Santiago un restaurante de cociña tradicional e aproveitarán o 75 aniversario tamén para presentar novo proxecto. De cara ao futuro cree que terá relevo porque un dos seus fillos, Miguel, «desde pequeno tivo aptitudes para a cociña». Aínda que tamén é músico e está facendo o Superior, Natalia di que lle dice que «`eu O Refuxio non vou deixar que morra´. Criouse alí e é moi empresario». apunta, así que confia en que «haxa sorte».