Activan nova edición de Silledagasalla

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

MARCOS MÍGUEZ

05 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O departamento municipal de Normalización Lingüística promove a sétima edición do certame Silledagasalla, en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio, para fomentar a lingua galega. Os lemas máis orixinais elaborados polos estudantes se distribuirán entre os establecementos comerciais para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes. Os lemas escollidos serán editados polo Concello en formato de pegatinas de felicitación para repartir entre os negocios que o soliciten e poderán usalos para decorar os agasallos destas festas.

Os establecementos comerciais que desexen contar en Silleda con estes adhesivos, de xeito totalmente gratuíto, deben chamar antes do día 15 ao teléfono 986 592 037 en horario de 8.00 a 15.00 horas ou enviar un correo electrónico ao enderezo sara.blanco@silleda.gal. Dende a concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, agradecían onte a participación do alumnado dos centros educativos de Trasdeza nesta iniciativa que cada ano acada un importante éxito dentro da campaña de Nadal.