O proceso aerobio (con osíxeno) mediante o cal, coa axuda de varios microorganismos, obtemos abono a partir de residuos orgánicos chámase compostaxe.
Ademais, é unha práctica que se adapta a cada un. Pero... por que? Calquera pode preguntarse. Pois porque se pode realizar botando residuos no lugar que se vaia plantar (superficie); nun composteiro, que se pode colocar onde se queira (en silos), ou amontonando as materias primas (en montón).
Pero... que ninguén crea que é tan sinxelo, ha de terse en conta, como dicilo e que sexa eficaz..., a lista de materiais prohibidos! É un pouco extensa, pero resúmese en: materiais sintéticos, non biodegradabeis, aglomerados, contrachapados de madeira, tabaco, produtos de limpeza, medicamentos...
Tampouco é suficiente con xuntar restos orgánicos sen máis. Hai que conseguir un nivel de humidade (40 % - 60 %), temperatura (35 º - 55 º para eliminar patóxenos), aireación para proporcionar osíxeno (removendo) e relación Carbono ? Nitróxeno axeitadas. Isto acádase mesturando restos orgánicos da cociña con material estruturante (follas, serrín, cinza,...)
De tódalas maneiras, compostar ten moitas vantaxes importantes. Fabrícase abono ao mesmo tempo que se recicla, impedindo que aumente o volume de lixo e que se libere máis dióxido de carbono á atmosfera, na súa queima.
Nun entorno rural con animais, non se acumulan resíduos orgánicos, pero en calquera outra situación, facer compost é unha actividade ecolóxica con múltiples beneficios.
Nós realizamos esta práctica no colexio. Empezamos este curso e contamos autoabastecer o noso horto escolar a partir do curso que vén. Ademais estamos contribuíndo á reciclaxe dos residuos orgánicos que se producen na cociña á par que nos concienciamos dos beneficios da reciclaxe para o noso planeta e polo tanto para os seres vivos que nel habitamos. Alumnado de 6º de Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela