Retratos e autorretratos de Anxo Cabada, en Liñares

Amelia Ferreiroa

LALÍN

XOAN CARLOS GIL

11 sep 2018 . Actualizado a las 00:59 h.

Pazo de Liñares (Lalín) • 14 de setembro, venres • 17 horas • Son medio cento de autores e autoras da literatura actual galega os que foron retratados pola singular mirada do fotógrafo Anxo Cabada que se poderán ver nunha mostra que leva por título «O imaxinario do país. Letras de magnesio. Retratos fotográficos e autorretratos literarios de escritores e escritoras», que forma parte da programación cultural do Ano da Lingua da Deputación e que se poderá ver en Liñares ata o 5 de outubro. Un proxecto no que Anxo Cabada traballou nos últimos seis anos, polo que nesta exposición se inclúen tanto imaxes como textos de persoas falecidas recentemente, como é o caso de Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas ou María do Carmo Kruckemberg. Recolle por outra banda as achegas de dous Premios Nacionais da Literatura Infantil e Xuvenil, Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro, de Xesús Alonso Montero, Víctor Fernández Freixanes e Fina Casalderrey.