«Non traballo para os premios pero agradécense»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Celso Fernández Sanmartín, galardoado recentemente no Fetega de O Carballiño, fará con Inacio Vilariño contadas en autobús o martes de As Dores e será o encargado de ler o pregón das festas

16 sep 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Viaxando en tren camiño de Palencia onde onte pola tarde o agardaban para unha contada estaba o contacontos Celso Fernández Sanmartín, recén galardoado co Premio Festival de Teatro Galego 2015 (Fetega).

-¿Como acolle este recoñecemento chegado na pasada fin de semana?

-Por teléfono e a unha hora, asegúroche, que pouco recomendable malia ao ser unha boa nova xa un se esquence do susto! É desas cousas que non esperas en absoluto. Non son unha persoa que veña do mundo do teatro senón das artes escénicas pero como é un mundo tan amplo... Non son unha persoa que traballe para os premios pero agradécense.

-¿Un galardón que o empurra dalgún xeito a traballar máis se cabe?

-Non necesito moito estímulo de fóra para traballar. De feito penso que en parte pensaron na miña persoa para este premio pola ansia e cariño que poño no que fago. Alomenos así o penso eu.

-¿Os narradores orais teñen na actualidade un maior recoñecemento?

-Dende que comezou en Galicia a sona dos contadores tiveron un bo recoñecemento pola gran calidade dos mesmos. Aí están contadores da talla de Quico Cadaval, Cándido Pazó, Carlos Blanco, Paula Carballeira... É difícil que algo que se fai ben vaia a menos. Afortunadamente hai grandísimos profesionais neste campo e o público así o ven recoñecendo.

-Camiño de Palencia se atopa, ¿para quenes vai a contar?

-É a primeira vez que vou a Palencia e vou a un pequeno pobo a contar para xente maior; o que me fai moita ilusión. Semella que alí se lle fai unha homenaxe aos maiores do pobo e, dentro do programa, está a miña participación. Mañán -por hoxe- xa volto para Lalín.

-Claro é que ten que ler o pregón das festas patronais. ¿Está rematado?

-Falta repasalo. Está elaborado e podo decir que vai ser un pregón.

-¿A temática baixo segredo de sumario?

-Case. Foi uunha sorpresa que me pediram isto e só podo decir que convidarei ao pobo a facer un bo exercicio; a escribir cada un o seu propio pregón...

-Festexos nos que estará moi participativo...

-Algunha cousa máis haberá. O martes pola tarde, aínda non sabemos a hora a falta de pechalo cos ramistas, Inacio (Vilariño) e máis eu contaremos contos en dous vellos autobuses perfectamente restaurados da empresa Cuíña. Son o que chamamos «Contos no autobús». Cada viaxeiro paga un euro, disfruta dun traxecto dunha mazá de casas por Lalín en autobús e nós facemos unha contada dunha media hora de duración.

celso fernández sanmartín contacontos e premio fetega 2015