A SD Lalín volve de As Neves cun ouro, unha prata e un bronce

La Voz LALÍN/LA VOZ.

LALÍN

O debut da SD Lalín no circuíto nacional absoluto disputado en As Neves saldouse con ouro, prata e bronce. Cristina González e Raquel Miguéns colgáronse a presea de ouro logo de vencer na final a Nerea Alves e Leticia Rodríguez, do club anfitrión.

Miguéns tamén acadaba unha prata formando parella con Breixo Regueira, e logo de sucumbir ante Bruno Moldes e Ángela Soto na final. Luís Veloso e Cristina González facíanse coa medalla de bronce que completou a actuación da SD Lalín.