O SOL | O |
27 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.AS NOITES DE sábado convertéronse en Lalín nunha fonte inesgotable de novas e de temas de discusión e debate nas sobremesas dos lalinenses. Durante boa parte do verán os domingos -e tamén algún día que non era domingo- os veciños espertábanse con estropicios no mobiliario urbano e destrozos e imperfectos en zonas da localidade. Pontiñas, Praza Europa, convertéronse en diana de certos individuos con pouco que facer e ociosos por desfacer. Pululan polo mundo teorías que falan de que non hai nada mellor que esnaquizar cousas ou meter berros para desestresarse, pero algo me dí que neste caso non se trata de curas antiestrés causadas polo ritmo que leva a vida diaria. Non consigo entender a razón pola cal alguén pode desfrutar esnaquizando obxectos, en especial cando se trata de bens públicos, e mesmo cando se inclúe no paquete a posibilidade de que as chamadas forzas da orde che fagan unha visita. As persoas móvense por impulsos diversos, pero dubido que neste caso haxa xustificación algunha. As venadas dadaístas cada un sofócaas na súa casa, e, senón, a apuntarse nun deses fins de semana de guerra de pintura.