«O cura bo»

La Voz

LALÍN

30 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Gonzalo Cortizo Vila tiña o corazón dividido entre o seu Lalín natal e A Estrada que o acolleu como párroco de Agar, coma director da Masa Coral Estradense, coma mestre no colexio de Lourdes e sobre todo coma veciño activo e amigo riseiro. Hoxe as dúas vilas choran a súa morte por igual. Amalio González, conserxe do Casino de Lalín, dedícalle unha emotiva despedida titulada Foise un santo : «Era un bo comensal, excelente catador, gran melómano e un ávido fumador, pero a súa debilidade era a partida de subastado. Desplazábase de A Estrada a Lalín tódolos días para xogala. Do un de xaneiro ó 31 de nadal, chovera, nevara, con vento, con sol ou co que lle botaran. Cando eu estaba colocando o crespón negro de rigor no casino por mor do seu óbito pasóuseme pola cabeza poñelo encima da mesa onde tantas tardes de inverno el botou, pero ó fin púxeno no sitio de sempre, onde mandan as normas. Nesta casa na que tantas horas e tantos días convivimos uns e outros están os ánimos moi decaídos e vense caras tristes por tódalas esquinas do edificio. Pero a vida segue e non nos queda outra cousa que darlle o máis sentido pésame ós seus irmáns Antonio, Mario e María Luisa. Foise un santo con maiúsculas, pero era visto e cantado que Cándido Zalabeite, Félix o Canario e Chucho Basterra o ían a reclamar para xunto deles, pois faltáballe o seu compañeiro de sempre para as súas partidas de subastado. Don Gonzalo, el cura bueno , como lle chamaban tódolos seus amigos do Casino de Lalín, deixounos para botar o subastado noutros casinos celestiales que nós non podemos imaxinar».