«Teño dormido encima do mostrador»

La Voz

LALÍN

AMELIA FERREIROA XENTE NOSA José Ayude,zapateiro de Bandeira que será homenaxeado ó cumprir cincoenta anos no oficio Amable e conversador. Así é José Ayude Docampo, zapateiro de Bandeira, a quen se lle tributará unha homenaxe este sábado polos seus cincoenta anos no oficio. Con tan só nove anos, e baixo as ensinanzas de Francisco Liñallo Romero, aprendeu todo o preciso para elaborar zapatos. Chegou a contar no seu taller con catro obreiros. Hoxe, cando ten moito traballo, aínda lle pide a un irmán que lle bote unha mán. Polo seu taller e pola súa zapatería pasa xente de toda Galicia.

24 oct 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

José Ayude Docampo lembra perfectamente como comenzou a facer zapatos. -Eu tiña nove anos e quería ser zapateiro. Miña nai díxome que adiante que era un oficio coma outro. -¿Quen foi o seu primeiro maestro? -Foi Francisco Liñallo Romero que traballaba en Silleda e en Bandeira. Era unha boa persoa pero morreu moi novo e cando faleceu, no ano 1963, collín eu a zapatería a que temos aínda hoxe. Trátase de Calzados Ayude en Bandeira. -¿Lembra os primeiros zapatos que fixo? -Claro. Era un só zapato porque era para un coxo. Logo fixen moricos de pares ortopédicos. Os tempos cambiaron. Traballaba ata as tres da mañán e teño dormido moitas veces encima do mostrador porque había que traballar e tíñalle medo ó lobo e ós gardas civis para voltar á casa de noite. -Ten clientela de sempre... -Teño clientes que son de toda a vida e que veñen dende Lalín, Santa Comba, Silleda... É xente que sempre ven mercar aquí os seus zapatos e encargalos.