Loito no «mellor colexio do mundo»

La Voz

A ESTRADA

14 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

«O mellor colexio do mundo» está de loito polo pasamento de Alonso Montero. Así era como o intelectual galego lle chamaba ao CEIP do Foxo (A Estrada), co que tivo unha relación moi especial. Nel unha aula leva o seu nome, nel plantou un castiñeiro, nel púxose en escea unha obra da súa autoría e a el lle dedicou o intelectual as melloeres gabanzas.