22 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
? Club Bádminton A Estrada é un dos sete equipos que este domingo se xuntarán na localidade coruñesa de Outes para desputar a cuarta proba do Circuito Galego. Unha cita que chega só unha semana despois da derradeira xornada da Liga Galega, na que o C.B. A Estrada se proclamou campión da Primeira División Masculina. En Outes os equipos mediránse nas tres modalidades de dobres, categorías absoluta e sub 15.