O SOL | O |
15 sep 2004 . Actualizado a las 07:00 h.ESTES DÍAS A Estrada está a ser, máis ca nunca, a capital galega do moble. Curiosos, clientes e todo tipo de individuos están a achegarse ata o encontro para ver o que se coce no mundo do deseño de moble, e quizáis, ata levar algo para a casa. Como en botica, alí pódese atopar de todo. Dende productos que rozan o surrealismo, e que poderían pasar por parte do decorado dun plató de televisión, ata mobles clásicos de toda a vida. Para os máis aventureiros, os mueblistas estradenses non dubidan en crear pezas de vangarda desas que abundan nas tendas máis kitch , e das que corres o risco de cansarte aos dous días. Pero se é o que demanda o público, pois hai que facelo. Os abandeirados do clásico de toda a vida teñen a posibilidade de tirar polo de sempre, xa saben, mobles deses que poderían ata pasar de xeración en xeración se non fora porque todo cansa nesta vida. Á hora de buscar algo que poida valer para uns e para outros, podemos escoller obxectos antigos. Dende o máis vangardista ata o máis enxebre é quen de misturarse e xerar harmonía con obxectos antigos. Ademáis, agora, todo vale.