26 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O Teatro Principal da Estrada acolleu onte a primeira das xornadas da Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas, promovida pola asociación Vagalumes para conmemorar o aniversario do mestre e impulsor do teatro escolar en galego. O CEIP do Foxo, o Cabada Vázquez, o de Figueiroa e os IES Avelina Valladares e García Barros presentaron onte os seus espectáculos. Hoxe, a partires das 18.30, tócalle subir ao escenario aos alumnos dos CEIP de Oca, Pérez Viondi e Villar Paramá e do IES Losada Diéguez. foto miguel souto