A Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba acollerá o día 19 de xullo, ás 19.00 horas, unha charla sobre a relación cultural e de amizade entre o escritor e político galeguista e o gaiteiro Avelino Cachafeiro, figura esencial da música en Galicia. O investigador, músico e impulsor do proxecto Músicas da Terra de Montes, Rubén Troitiño, impartirá a conferencia gratuíta pero con inscrición previa no correo do museo o por WhastApp no 638 189 739.
Troitiño abordará por exemplo un episodio moi significativo da vida do gaiteiro de Soutelo, en 1960, cando pasou meses ingresado nun sanatorio e iniciou nova etapa creativa na poesía. Nacía o libro Voando cas aas da vida, poemario que reflexa a súa visión máis íntima e emocional de Galicia. Foi Otero Pedrayo quen o animou a continuar escribindo e fixo o prólogo.