A improvisación musical protagoniza o campamento da Bandeira

La Voz LALÍN/ LA VOZ

DEZA

Cedida

A actividade culminará mañá cun concerto

04 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O campamento que a Escola de Música da Bandeira ofrece aos seus alumnos vai hoxe pola súa terceira xornada. Hai preto de trinta pequenos músicos participando nesta actividade. O artista convidado este ano é Xacobe Martínez, contrabaixista do trío de jazz Sumrrá, que leva impartindo clases aos nenos dende o luns.

A disciplina empregada por Xacobe Martínez para as súas clases é o soundpainting. Manuel Otero, que dende 2018 está á batura da banda, afirma que o que define a esta disciplina é «non usar a partitura, facer unha composición espontánea a través dos símbolos do director».

Para rematar a actividade celebraráse un concerto mañá ás 20.30 na Bandeira. Os alumnos do campamento ofrecerán un espectáculo para amosar o aprendido estas catro xornadas con Xacobe. «Vai ser toda unha experiencia para os músicos e para o público», conta Manuel Otero.