«Para a miña nai é coma se eu fose ao espazo»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

j. e. p.

El silledense Javier Estévez pertence á cuadrilla de Evaristo en «Serramoura» e fai de astronatura no famoso spot da "Misión Espacial Galega" de Gadis

23 nov 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A este silledense polifacético, bombeiro forestal de profesión, o seu achegamento ás cámaras chegoulle un día por casualidade, «como xurden moitas cousas». Coincidindo coa primeira tempada de Serramoura, serie producida por Voz Audiovisual para a TVG, precisaban dun motoserrista para facer unhas tomas dunhas cortas dunhas árbores e aí se presentou Javier Estévez Parada. Superou a proba con creces. «Aí estou nunha serie na que levamos xa tres tempadas. Estou na cuadrilla de Evaristo, somos unha panda de tíos un chisco malos», dí (risas).

Uns comezos en Serramoura que lle supuxo a Javier Estévez o tomar contacto con outros moitos proxectos televisivos como Pazo de Familia ou a miniserie que se rodou sobre o Códice Calixtino, e a piques de estrearse Dalia a modista. «É unha serie que vai comezar nestes vindeiros días, que protagoniza María Mera, e que está ambientada nos anos 50 e na que case nin me recoñecía eu despois da figuración levada a cabo», explica. Pero os anuncios publicitarios tamén forman parte da axitada vida laboral deste silledense.

O máis recente, e que está a polarizar a atención do espectador, é a xa famosa «Misión Espacial Galega» de Gadis onde Javier encarna a un dos astronautas que protagonizan o spot: «O que dá as volteretas, salta a lumeira e sae flotando, ese son eu. Son eu en case todas as escenas salvo o que cultiva os pementos». Da rodaxe, de tres días enteiros de duración, só garda excelentes lembranzas. «Foi moi divertido. Parecía o Circo do Sol ao estar colgado dunha grúa por un arnés facendo volteretas no aire. Unha morea de experiencias que un vai adquirindo con estas cousas!». Un spot que, recoñece, ansiaba ver todo o equipo e que cumpriu -segundo Javier- as expectativas creadas. «Nos primeiros días bateu todas as marcas de visualización en España, foron máis de 500.000 visitas en dous días». Recoñece, cun sorriso, que non ten club de fans pero sí unha nai súper orgullosa del «que semella que eu fun de verdade ao espazo, vamos que fala coma se tivera ido eu alí».

Citas no eido publicitario que terán continuidade para este silledense que está na fase final dunha selección para outro novo anuncio do que, polo de agora, «pouco se pode dicir. Hai que esperar un chisco a que se vaia concretando todo pero espero que saia adiante». E mentres tanto a seguir traballando, aproveitando días libres, de asuntos propios e vacacións para adicarse a esta outra faceta pero sen deixar de lado a profesional, a de bombeiro forestal, «xa que os actores non están ben pagados, hai bastante paro neste sector e realmente non é fácil vivir diso por eso vou compaxinando unha e outra cousa».

E, ¿onde está o segredo para ser escollido para un anuncio entre centos de aspirantes? Para Javier a resposta é doada: Só se precisa naturalidade. «Cando vas a un determinado cásting xa é polo feito de que cumpres os requisitos esixidos e logo o que máis se valora sempre é a naturalidade frente á cámara. Non hai máis». Naturalidade e simpatía non lle falta a este silledense polifacético, tamén moteiro e músico.

Aproveita ao máximo días libres e vacacións no traballo para apuntarse a algún cásting, rodar anuncios ou tomar parte nalgunha serie

É un dos astronautas da última campaña de Gadis,

«o que dá as volteretas e salta a lumeira», que bateu en dous días as marcas de visualización de spots en España ao contabilizarse máis de 500.000 visitas

 

De garda civil a soldado

Ao actor Javier Estévez Parada puidémolo ver tamén en coñecidas series televisivas como Urxencias 0 que emitiu a canle autonómica -na imaxe, á esquerda- ou nun anuncio de Larsa que se emitiu nos últimos meses «e do que gardo un grato cariño xa que na rodaxe tiven a sorte de coñecer a moitos compañeiros cos que manteño unha excelente relación e configuramos un grupo moi unido». Tamén protagonizou un anuncio gráfico a nivel nacional de productos Pascual.