«As disputas de cabeza non me asustan ao non notar secuelas. Pensei que si, pero non notei nada»

M. García LALÍN / LA VOZ

DEZA

05 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

O 5 de outubro, o xogador do Silleda, Diego Iglesias, Pachi, sufriu ante o Malpica un choque que o deixou inconsciente e foron os seus compañeiros os que lle retiraron a lingua tras quedarlle trabada. Cando non se cumpriu nin un mes, este domingo, día 2, volveu a saltar ao terreo de xogo.

-Menos dun mes despois e xa de novo saltou ao terreo de xogo...

-Si, xoguei 15-20 minutos o domingo. O único problema que teño é de espalda, pero o fútbol non se me olvidou. A única secuela é que teño a espalda fastidiada da caída. Non é algo que me impida vida normal e xogando pois probeime un pouco o outro día.

-Despois do susto, cando o adestrador lle dixo que entraba ¿tivo algunha sensación especial?

-A verdade é que levo unha semana adestrando. Pensaba que nos balóns por arriba, de cabeza, que ía estar máis comedido pero en 15 minutos non che da tempo a moito. Tocaría un par de balóns de cabeza. Estaba un pouco pendente dos balóns de cabeza divididos pero, en principio, non notei nada. A única pena foi que perdemos. Agora o que me gustaría é ir collendo ritmo pouco a pouco para volver a xogar a un nivel un pouco decente porque estar un mes parado nótase.

-Entón, ¿tivo algún temor neses balóns aéreos?

-En principio, non. Tamén xoguei pouco. Non porque tampouco noto ningún problema de cabeza para arriba, o único que teño é a dor de espalda. Entón, aí e onde nalgunha postura me doe. Pero nas disputas de cabeza que é onde me fastidiei, como non noto ningunha secuela na cara nin na cabeza, non me asusta. Pensei que si, pero non notei nada.

-¿Agardaba xa xogar neste último partido?

-O venres xa falou comigo o adestrador e díxome que, se me atopaba ben, podía xogar. Preguntoume se me vía preparado e eu gañas de xogar sempre teño. Se estou moi fastidiado non dou e ata o de agora pola espalda non daba, que me doía bastante. Agora moléstame un pouco pero agardo poder ir incorporándome ao equipo pouco a pouco.

-Entón, xa olvidado o susto de Malpica...

-En principio si. Cando me lesionei o nocello, que estiven tres meses sen xogar, custoume máis. Era unha dor que estaba aí focalizado e botas tempo para recuperar a confianza. E isto, fóra do susto que foi no momento, estiven uns días mal pero non foi unha lesión de moito tempo. Ademais, como non me enterei de nada do que pasou, estaba case máis asustada a xente ao redor miña ca min, eu non me acordo de nada.

Diego Iglesias, Pachi xogador do Silleda que quedou inconsciente fai un mes e volveu xogar