Co terceiro domingo de outubro chega a ilusión, o nerviosismo e as ansias de voltar ó monte cos nosos cans para disfrutar dos lances da caza, neste caso da raíña da caza menor como é o coello ou a perdiz. Os raposeiros (especie que medrou en densidade) xa o veñen disfrutando dende o escomenzo da Caza Maior, naqueles tecores que o teñen contemplado nos seus plans cinexéticos. Os amantes da arcea terán que agardar a que o tempo se torne máis frio.
Sin dúbida estamos ante a pura esencia da caza social.
Desexo que esa ilusión non se troque en pesadelo, pois segundo as previsións así no lo fan temer. Ben é sabido por todos, a merma das poboacións de coello polas enfermidades como a mixomatosis e sobretodo coa nova variante da enfermidade hemorráxico-vírica (R.H.D.V.). De pouco vale a boa xestión dos tecores ante tal epidemia que bota polo chan tódolos esforzos e investimentos económicos en melloras de hábitat. As veces os representantes dos tecores vense presionados polos socios a repoboar o monte, sen contemplar o dano que poden facer ó primar a sembra de grandes cantidades ante unha boa calidade de coellos, sen ter en conta o seu estado sanitario ou si se trata de especies xenéticamente máis puras posibles, ou pola contra, si se trata de híbridos.
Non cabe dúbida que hoxe en día a caza é un aproveitamento dos recursos dos nosos montes, sen xestión a caza tende a desaparecer. Sendo de importancia vital que as repoboacións se fagan de xeito máis dilixente, con coellos do entorno ou polo menos onde teñan unas condicións sanitarias óptimas, a xenética o máis pura posible e previo unha aclimatación ó entorno.
Para estudar e avaliar a R.H.D.V. a Federación Galega de Caza en colaboración coa consellería de medio ambiente, dispón de un protocolo para a recollida de cadáveres para a súa posterior análise, e poder determinar as causas da norte, ou mesmo detectar as mutacións da devandita enfermidade. Os interesados poden recabar máis información nas federacións provinciais, ou ben na páxina web da F.G.C.
Dende a F.G.C. de Pontevedra estamos traballando para conquerir unha ponencia de un prestixioso experto sobre as enfermidades do coello , que nos aconselle e informe sobre as novas técnicas de manexo e conservación das poboacións da especie.
Como presidente provincial, mantiven reunións con diversos presidentes de tecores onde me informaban das perspectivas sobre a caza menor, agás en algúns Tecores, moi determinados, onde teñen unha aceptable densidade de coellos, a maioría no eran tan optimistas, pero? como di o dito.. un coello haino en calquera lugar. En canto a perdiz rubia, na zona do Deza e Baixo Miño as perspectivas son optimistas, no resto dos tecores aínda é unha asignatura pendente. Outra alternativa sobretodo nas zonas baixas é o faisán ou ben os pombos.
Como apaixonados á caza do coello, sentímonos identificados coa natureza, disfrutamos co entorno, o protexemos, conservamos e coidamos a biodiversidade. Se o remate da xornada vémonos agasallados pola captura de algunha peza de especie cinexética, moito mellor.
Nesta nova tempada deséxolle a tódolos cazadores moita sorte, prudencia e boa caza.