«Preparamos nova obra de teatro; risa asegurada»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

O actor ofrecerá hoxe na Casa da Cultura de Silleda un monólogo dentro da programación de axuda ao Sáhara

12 abr 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Dentro da programación do Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharaui, que se desenvolve ao longo deste mes en Silleda, esta noite actuará na Casa da Cultura da localidade o humorista José Manuel Rodríguez, Isi, que promete divertimento co seu monólogo que comezará ás 21.30 horas. O prezo da entrada é de 5 euros.

-Colaborando co concello e coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui para facer posible a viaxe de cativos en verán; ¿non pensou en acoller a un neno dos campamentos de Tinduf?

-A verdade é que non. Non valgo para eso. Me encariñaría tanto co cativo que non o deixaría marchar e non quero pasar ese mal trago. Os rapaces están aquí un par de meses pero logo teñen que voltar aos seus fogares... Coñezo a amigos que exercen de familias acolledoras e os rapaces son moi cariñosos e sempre lles custa deixalos ir; por iso non quero dar ese paso malia que admiro a todos os que o fan. É unha labor marabillosa e a felicidade dos cativos é plena.

-¿O monólogo desta noite estará cheo de historias reais?

-Coma sempre. Os meus monólogos son así; un 90% de cousas que me pasaron ou que me foron contando. Levo doce anos facendo monólogos e sempre coa mesma liña condutora: historias que sucederon e que lle gustan ao público.

-¿Está sendo un ano de numerosos proxectos?

-Non me queixo. O ano comezou ben. Aí están varios programas para televisión que se están a grabar xa algúns, e estamos prepando tamén unha nova obra de teatro; risa asegurada. Podo decirche que fago de monxa e que vou ao programa de Jorge Javier Vázquez... Unha peza que dirixe Lueiro e na que están tamén compañeiras coma Chelo do Rejo.

josé manuel rodríguez, isi humorista estradense