«O que hai en Pontevedra é un goberno municipal completamente acabado»

La Voz

DEZA

22 nov 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Rafael Louzán da por amortizado o goberno municipal de Pontevedra. Di que o candidato Telmo Martín ten todo o apoio da Deputación e da Xunta de Galicia e que o goberno encabezado por Miguel Anxo Fernández Lores axita cuestións como o da capitalidade como último recurso de quen está, asegura, «acabado» políticamente.

-Cuns resultados electorais bos de Telmo Martín, parece que foi gañar a Xunta e ter o enemigo na casa, con decisións como o das delegacións territoriais.

-Eu creo que nese sentido o que se quixo aplicar foi unha decisión de sentido común. Había un edificio administrativo que había que coordinar en Vigo. A capital está en Pontevedra, é innegable. Creo que neste tema hai componentes xa do pasado. Aos cidadáns o que lles importa é ter infraestructuras e servizos de calidade. Desde a Xunta e tamén dende a Deputación contribuimos a esto. O que aquí hai é un goberno municipal acabado que o que intenta é agarrarse a toda costa a algo que poida crear movemento na propia sociedade. Fora de aí non hai nada máis.

-Pero debate volverá á rúa coa área metropolitana e a iniciativa lexislativa popular que se pretende levar ao Parlamento.

-Neste tema eu falei máis como persoa que como político. Neste momento hai problemas máis graves que a creación da área metropolitana. O Partido Popular ten unha idea clara. Non se puido facer porque o PSOE aparcouna durante catro anos cando gobernou na Xunta. O PSOE non ten unha decisión sobre este asunto. Ten unha opinión en Vigo e outra e Pontevedra. Con esta división non creo que se poida avanzar, pero penso que agora estamos no camiño correcto.

-E Rafael Louzán, ¿con que horizonte político traballa unha vez pasado este congreso do Partido Popular?

-Penso que nestas cousas non hai que dedicarlle moito tempo a nós mesmos. No meu caso eu estou agradecido a todas as personas que me van dar por cuarta vez consecutiva a posibilidade de presidir este partido. Será un congreso en positivo. Hai moitísimo optimismo en torno ao Partido Popular, pero sei que hai moito pesimismo na sociedade en xeral pola situación económica.