O Motoclub Lalín Quilómetro 0 prevé que catro mil motos asistan á segunda concentración que comeza esta mañán
21 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.As motos tomarán hoxe as rúas de Lalín, en maior medida a partires das 18.30 horas que é cando está prevista unha visita ao casco urbán lalinense dos participantes na segunda Concentración Internacional Moteira do Cocido de Lalín, que organiza o Motoclub Lalín Quilómetro 0.
A concentración xa arrancará oficialmente ás once e media da mañán coa apertura de inscripcións, onde as previsións iniciais se desbordaron. «Ao principio, dende a organización, algún se puña a meta en 250 anotados e eu xa apostaba por uns 500. Podo decirche que os teléfonos non deixan de soar e iso pode supór que unhas 4.000 motos estén en Lalín esta fin de semán», sentencia o presidente do motoclub lalinense Carlos Seijas. Moteiros procedentes de todos os puntos de España e dalgunha vila portuguesa participarán nas actividades programadas dende o colectivo lalinense, que conta con 50 socios. «Non somos moitos asociados xa que é un club de recente constitución, pero seguro que despois desta concentración imos ser moitos máis. Sabemos que hai moito moteiro pero vai por libre». Unha concentración na que os participantes poderán coñecer varios concellos da zona. Así, esta mesma tarde, e antes de que comece o show acrobático que realizarán Nelson Pina e Jaque Stunt ás 19.30 horas no Centro Comercial Pontiñas, se levará a cabo unha ruta ate Vila de Cruces, Agolada e Rodeiro para voltar a Lalín onde na Praza da Igrexa se fará unha gran foto de familia de todos os participantes xunto ás autoridades locais. Paseo e tapeo pola Rúa Rosalía de Castro para seguidamente asistir ao espectáculo acrobático e cear porco ao espeto, tal como se fai na Concentración Pingüinos. Para rematar a primeira xornada está programada unha actuación do grupo musical humorístico Los Malados, discoteca móvil e estriptís masculino e feminino. «O domingo tamén programamos saída. Iremos ate Silleda e, de aí, a Soutelo de Montes onde faremos unhas pasadas no circuito. Á volta, polo Candán, faremos unha parada e gardaremos un minuto de silencio por todos os moteiros que faleceron nos últimos tempos en dita estrada. De novo pararemos en Botos e ao chegar a Lalín, a comer un bo cocido. En principio o alcalde José Crespo virá a pronunciar unhas palabras». Para rematar a concentración moteira, ás 17 horas, Nelson Pina e Jaque Stunt ofrecerán un novo espectáculo acrobático. «Non faltarán os agasallos para todos os participantes e, despois, a pensar nunha nova edición».