A Escola Municipal de Teatro fará entrega o 20 de decembro dos diplomas aos alumnos da pasada tempada
04 dic 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Un ano máis a Escola Municipal de Teatro de Lalín se prepara para celebrar un acto con todos os integrantes dos distintos grupos teatrais cos que conta a escola. A cita está fixada para o vindeiro día 20 deste mes, no Auditorio Municipal.
-Os diplomas que se entregarán corresponden á pasada tempada...
-Son os que corresponden á décima tempada da escola xa que actualmente estamos inmersos na undécima, que se abriu no pasado mes de setembro. É unha nova etapa. Lembremos que os grupos das parroquias continúan cos ensaios ao longo de todo o ano. Só se fan paróns nos colexios e nos institutos.
-¿Cantos diplomas está previsto entregar?
-Creo que entre 180 e 210 aproximadamente. É unha cifra que se mantén nesta actual tempada. Agora se contabilizan uns 170 alumnos e aínda falta o grupo da parroquia de Vilatuxe. Chegaremos ás cifras da anterior etapa.
-Falaba dunha nova etapa, ¿en que sentido?
-Entendemos que se abre unha nova etapa, despois dos primeiros dez anos de actividades veñen agora outros dez máis nos que pretendemos cambiar varias cousas. A idea é constituir máis grupos, poder xuntar varias formacións para realizar actos especiais e puntuais, tentar pór en marcha novas iniciativas... Nova etapa na que veremos o día 20 o estreo da compañía de danza e teatro, Luz de Estrelas, que presentará unha obra moi navideña.
-A escola posúe unha traxectoria de dez anos de traballo coas súas representacións dentro e fóra da vila pero, ¿conta con algunha eiva importante?
-Ter un local propio para os ensaios no casco urbán é unha vella inquedanza, unha eiva que creo que se subsanará axiña. Posiblemente teñamos un dentro de pouco, ou eso esperamos, tanto os alumnos como eu mesmo.
-¿Posibilitaría a creación de máis formacións?
-Claro. Estivemos a manter contacto con xente adulta que está interesada en facer teatro pero é xente de Lalín e, ao non contar cun local axeitado para as reunións e para os posteriores ensaios non é posible tentar poñer en marcha un grupo de adultos. Cos alumnos dos centros educativos e dos institutos non hai ese problema por que os ensaios se fan nos propios centros e no caso das parroquias se usan os locais sociais.
-¿Pensou en formar un grupo de teatro con persoas das terceira idade?
-Non recibín ningunha petición nese senso, pero se hai xente interesada en constituir un grupo desas características, se analizará a posibilidade.
-¿E para cando a semi-profesionalización dalgún das agrupacións?
-É a vía que leva o grupo dos maiores, A Pedreira, que xa actuou en Ames e Bertamiráns.