A onegué de comercio xusto Amarante celebra unhas xornadas na galería Sargadelos centradas no café que inclúen unha exposición de fotos de David Quintas e a estrea do documental británico Oro negro , do que onte ofreceron o primeiro pase. Víctor Barro, responsable da área de Consumo que moderou o debate posterior, apela a non confundir o valor co prezo dos produtos.
-¿Que efecto teñen estas actividades da sociedade?
-Coñecer qué significa o comercio xusto, porque podemos chegar a máis sectores sociais dos que están en contacto con oenegués máis a cotío.
-¿Como axuda o consumidor?
-Se mercamos café dunha multinacional calquera só chega ao produtor o 1% do que pagamos. Pero se é do comercio xusto é un 25 e ata un 30%.
-¿Por canles directas?
-Si, nós traballamos coa federación nacional de comercio xusto Setem directamente cos cultivadores produtores. Non se trata de axudas nin de caridade, senón de procurar a igualdade.
-¿O prezo do café é máis caro?
-Coa mesma calidade non hai diferenza. O que hai que ver é se gaña o que produce ou os intermediarios.
-¿Debera estar nas grandes áreas?
-Promovemos o consumo responsable, que pasa polo comercio de proximidade, minorista. Non nos gusta a gran distribución, pero queremos que estea presente na súa oferta para que a xente o saiba, aínda que sería mellor que estivera polo comercio xusto.