«O máis esperado é o día que durmimos fora e a excursión a Aquapark»

DEZA

Roberto Salvado é director de tempo libre é o do campamento urbano de Rodeiro que remata o venres. Falábamos con él onte, unha xornada adicada a visitar o parque zoolóxico de Marcelle e a disfrutar das piscinas en Antas de Ulla.

-Son unhos días intensos con múltiples excursións que incluyen durmir fora da casa un día ¿Qué tal o levan?

-Temos rapaces de 5 a 13 anos, que fan dous grupos: un dos que teñen de 5 a 9 o outro cos de 10 a 13. A Manzaneda van todos. Temos hípica pola mañá, kars, pero pola noite os máis cativos volven a Rodeiro a durmir na casa. Os de 9 anos en adiante quedan nos bungalows. Hoxe e temos cena, festiña con música. Son unhos 21. O que máis esperan é o día que quedamos fora e a excursión a Aquapark.

-¿Qué tal se portan, non teñen algún choro o primeiro día?

-Temos un 50% de veteranos e outro tanto de novos. Os primeiros vanlle dando as pautas os que chegan de novo. Os máis pequeños o primer día sempre hay algún que chora un pouco cando se van os pais, pero logo ya se adaptan perfectamente.

-Case chorarán máis o venres cando remate ¿non piden otro, otro?

-Sí, todos os anos sucede, primeiro lle parecen moitos días pero logo protestan porque se lles fixo moi curto. Eso para nos é moi bó síntoma.

-Vostede leva xa unhos cantos anos o cargo do campamento

-Oito anos. Temos un equipo de monitores titulados, algún do Inef, socorrista, animadores socioculturais. Intentamos que haxa variedade.