O lalinense Leo Rodríguez Rodríguez está ao frente dende hai tres anos da tenda de material de caza e pesca e outro tipo de deportes de montaña «O Reclamo», de Vila de Cruces. Agora, o que máis reclaman os clientes é material de pesca, xa que é a tempada. Despois, en setembro, os productos de caza tomarán o relevo. Asegura que os pescadores onde piden calidade é no carrete.
-¿Nota aumento do número de pescadores ou seguen sendo tempada a tempada os mesmos?
-É máis ou menos a mesma. Xente nova hai pouca.
-¿Qué é o que máis buscan unha vez iniciada a tempada?
-Cebo normalmente, sobre todo miñoca e asticot. Aquí en Cruces o que máis se vende para pescar é a cucharilla e a mosca, que é a que máis se usa.
-¿Cal é o equipo imprescindible para ir de pesca?
-Unhas botas, que son fundamentais, unha caña e un anzuelo. Con iso xa se pode ir pescar.
-Pola súa experiencia na tenda, ¿qué ve que hai en Cruces máis pescadores ou cazadores?
-A pesca bastantes máis. É tódolos días e nótase, porque a caza é menos.
-¿Advirte que os que se inician no deporte da pesca repiten?
-Si, ademais aquí en Cruces hai moi bos ríos e o pantano, no que se pode pescar todo o ano.
-¿Cando vende máis material: o principio ou durante a tempada?
-Sobre todo a semana antes a empezar e a finais de abril, porque hai tramos do Deza e o Ulla que abren o 1 de maio. Despois, todo a ano véndense os cebos.